Estes son os debuxos que fixo ao longo das dúas sesións. Primeiro tocoulles aos máis pequenos, Infantil e o 1º Ciclo; e despois do recreo, ao 2º e 3º Ciclos.
Cos primeiros botamos unhas boas gargalladas, concentrámonos para xuntar a enerxía necesaria para que se producise a maxia e, ao final, aí a tedes. Dani, Lara, Ernesto e Fabio fixeron de modelos para que Anxo nos ensinase como é quen de facer estes marabillosos debuxos nun "pis-pás", pero, coma el di, isto non é cousa de dous minutos como pode parecer; detrás hai o traballo de moitos anos, de moito estudo.
Aos maiores explicounos un pouquiño máis da súa técnica, de como traballa coas texturas, de como lle gusta escribir e ilustrar a partir da súa experiencia, do trato con moitos nenos e nenas de todos os colexios que leva visitado...
Anxo, agradecemos moito a túa visita e esperamos poder repetir esta experiencia o curso que vén, mentres tanto,
ATA SEMPRE. DESEXÁMOSCHE MOITA SORTE CON "OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA"
4 comentarios:
Gustoume moito a visita de Anxo
Ola a todos e todas.
Moitas grazas pola vosa acollida. Espero que vos gustasen os meus debuxos e as miñas historias. O voso blog esta xenial!
Unha aperta moi forte.
Anxo Fariña.
Fuches capaz de ter engaiolados aos nenos e nenas durante a túa exposición.Estámosche moi agradecidos Anxo.
Unha aperta e ata pronto.
Parabéns aos que fan posible que nos visite xente tan importante no mundo da cultura.
¡Qué sorte tedes! No cole da miña filla nunca hai actividades tan atractivas e divertidas. Disfrutade mentras tedes xente que traballa moito para que estas actividades se leven a cabo. Noraboa
Publicar un comentario