martes, 10 de xuño de 2008

DESPOIS DE NOVE MESES




Áló polo mes de outubro recibiamos no cole unha carta de Chispa anunciándonos HORA DE LER. Desde aqueles días son moitos os libros que pasaron polas nosas clases, imaxinade!
As impresións do Equipo da Biblioteca son moi boas pero tamén é interesante saber que pensan o resto dos lectores e lectoras; o noso alumnado.


Estas son as preguntas ás que responderon 5º e 6º cursos:

HORA DE LER

1. ¿Que atopaches de positivo nesta actividade?

- Que é unha actividade que nos achega á lectura.

- Pois que temos vinte minutos de liberdade para ler o que queiramos.

- Pois que empezas a ler máis e lle colles gusto á lectura.

- Que podes ler o que che gusta e despois falar cos compañeiros dos libros.

- Que así todo o mundo le un pouco máis, ao ser todos os días...

- Ter pola mañá vinte minutos para ler un libro que che interesa.

- Que é moi divertido e te concentras máis na lectura.

- Aprendín a ler mellor e a atopar algo interesante nos libros.

- Aprender a ler máis rápido e a reducir as faltas.

- Que é moi bonita.

- Que agora comprendo mellor o que leo, e axudoume a encgancharme máis aos libros.

- Que nos axuda a comprender mellor as lecturas.

- Axúdanos a aprender e a estudar.


2. ¿Saberías dicir un par de títulos dos que liches ao longo do curso?

- Max quere facer amigos e Lili quere un gatiño.

- A malvada Mª Xosé, Os Megatoxos e Matilda.

- Mini y el gato, Los parientes de Julián e Tres blues e un rap.

- O neno do pixama a raias, A casa da árbore e O diario de Ana Frank.

- Matilda, La cabaña en el árbol, Os Megatoxos, Charlie y la fábrica de chocolate.

- Charlie y la fábrica de chocolate e Molly Moon y el increíble libro del hipnotismo.

- Witch, Os megatoxos, Matilda e Morreu o avó.

- O lume dos soños e Intriga en Venecia.

- El genio de Alejandro Magno, Os Megatoxos e a espada esmeralda, El gato negro, Matilda e La hija del vampiro.

- Matilda, Os Megatoxos, El Superzorro, A cabana na árbore.

- Charlie y la fábrica de chocolate e Matilda.

- Anastasia, A cabana na árbore, matilda, Os Megatoxos e La Isla Misteriosa.

- Mini y el gato, Matilda, ¿Como se ponen los huevos?


3. ¿Cal recomendarías?

-Max quere facer amigos.

- Os Megatoxos.

- Los parientes de Julián.

- A casa da árbore.

- Matilda e Charlie y la fábrica de chocolate.

- Molly Moon y el increíble libro del hipnotismo.

- Matilda e Os Megatoxos.

- Intriga en Venecia.

- Os Megatoxos e a espada esmeralda.

- Os Megatoxos.

- Charlie y la fábrica de chocolate.

- La Isla Misteriosa.

- Mini y el gato.


4. ¿Gustaríache repetir esta experiencia nos vindeiros cursos?

- Os resultados son os seguintes: 1 "si, claro", 2 "si, por que non?", 10 "si" e 1 "mmmm, nonn"

Trataremos de conseguir que "mmmmm, non" chegue a disfrutar tanto coma o resto dos compañeiros e compañeiras do placer de ler o que máis lle apeteza eses vinte silenciosos minutos o ano que vén. Mentras tanto felicitamos aos dous cursos, que este ano estiveron xuntos, porque demostraron unha moi boa disposición, porque teñen unha longa lista de libros lidos, porque souberon transmitir os seus gustos e animar ao resto a compartir con eles as lecturas que máis lles gustaron, porque nunca antes se falara tanto de libros, por escoitar das súas bocas continuas alusións ao que estaban a ler. Noraboa porque conseguestes cruzar esa liña que separa aos lectores do resto do mundo!

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Parabéns a eses fantásticos mediadores que fixeron posible que os rapaces e rapazas de Pazos "cruzaran esa liña".
Que nunca deixedes de disfrutar coa lectura.
Feliz Verán!!!
Apertas dende Fene

bibliotecadocole dixo...

Non só compartimos a experiencia da Hora de Ler, ademais as avaliacións son similares. ¿Quere decir que estamos no bó camiño?.
Un saúdo moi agarimoso dende Moaña.