Este é o debuxo que Paula, de 3º de Primaria, fixo para Chispa. Pero non é a primeira vez que lle regala debuxos; o curso pasado en "Novas atrasadas 2" aparecen outros dous moi bonitos.
Recordades que en outubro apareceu a caixa do correo para escribirlle a Chispa? Pois cada día seguen chegando cartas para ela con peticións de libros e con moitas ilustracións feitas polos nenos e nenas de Infantil e Primaria. Chispa contéstalles a cada un, pero ás veces tarda un pouco porque está moi ocupada. Sabemos, porque nos contan os nenos e nenas, que as cartas aparécenlles enriba da mesa ou da cadeira, e atadas cun laciño. Incluso, ás veces, levan unha pegatina ou algún detalle pequerrecho.
O que máis lle gusta á nosa Meiga é que enviedes esas cartas falando dos libros que estades lendo e dos que vos gustaría que buscase polo seu País dos Libros para enviarnos na súa maleta.
Promete contestar moi axiña a algunhas atrasadas, mentres tanto... LEDE MOITO!!
LA VERDADERA HISTORIA DE LA NAVIDAD
-
La historia de la verdadera navidad, una ficha interactiva de gorogui
live*worksheets.com*
Hai 4 anos
1 comentario:
Pois... un bico salgadiño para Paula que debuxa tan ben.
A min, que tamén visito unha biblioteca escolar na que me queren moito, faime mooooooooooooita ilusión que os nenos e nenas me envíen cousiñas.
Publicar un comentario