xoves, 12 de febreiro de 2009

OLIMPIADA DOS ZAPATOS


O proxecto dos zapatos non rematou co Nadal. Quedábannos algunhas cousas por explorar cos zapatos. A prometida “Olimpiada dos zapatos” fixo que pasáramos un bo rato. O primeiro, organizarse para facer o traslado dos zapatos. Non foi doado, pero entre todos conseguímolo. E xa no patio... TODOS A XOGAR!
* Os deportes a practicar: lanzamento de zapatos, carreiras de relevos con zapatos e carretamento de zapatos.
O primeiro dos xogos - LANZAMENTO DE ZAPATO -valeunos para traballar as nosas habilidades individuais, probando a nosa forza e a nosa puntería.
Despois: CARREIRA DE RELEVOS CON ZAPATOS toda unha proba de cooperación entre os membros do equipo, aínda que co puntiño da competición. Aínda que non se gañaba nada, hai que ver cómo corrían estes nenos e nenas.
E xa por último, CARRETAMENTO DE ZAPATOS, no que ahora sí que se puxeron en xogo as nosas habilidades colaborativas, xa que todos formabamos parte do mesmo equipo. Non vos podedes imaxinar as risas cando nos quedaban a metade dos zapatos polo camiño!
Xogando, colaborando, pero sobre todo rindo cos zapatos aprendemos tamén a convivir e así gañamos todos.


Un libro? "Tomás no quiere zapatos", de Una Leavy e Anne Decis.

1 comentario:

Anónimo dixo...

E tamén fixemos esculturas con zapatos... verdadeiras obras de arte de refugallo!!! Exploramos así o volume, ese gran esquecido nos traballos plásticos nas escolas.
Gracias nenos e nenas por eses momentos cheos de acción.
A súa profe.