luns, 26 de outubro de 2009

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, FESTA FANTASMAGÓRICA!!!



Hoxe nós tamén entramos na Biblioteca a disfrutar dese espazo de lectura, que di o cartel deste ano, elaborado polo ilustrador Miguelanxo Prado.
* Primeiro, os maiores. Escoitamos "a media voz", da boca do profe Rosana, un relato moi coñecido de Oscar Wilde. Escribiuno en 1887, logo xa ten uns anos, pero segue a parecer unha historia moi interesante: "A pantasma de Canterville" (Adaptación da Editorial Almadraba, Coleción Kalafate)
A familia Otis instálase na mansión dos Canterville, onde unha pantasma, Sir Simon, leva máis de trescentos anos vagando e asustando á xente. Pero a sorpresa levaraa a pantasma cando se dea conta de que esta familia non lle ten medo a nada, pola contra, é a pantasma quen moitas veces ten que escapar dos fillos, quen lle fan a "vida" imposible...
Estas son algunhas das fotos ou caricaturas que circulan deste dramaturgo e escritor.

E a continuación podedes ver algúns dos gravados, e tamén ilustracións máis modernas, que este relato inspirou; como poden ser as de Patricia Castelao, Sebastián Barreiro e AlbertOriols.
E aquí tedes un vídeo do conto. Aínda que está noutro idioma moi diferente do noso, como xa o escoitastes, seguro que non teredes dificultade para comprendelo.
Primeira parte:

E a segunda:

Logo de todo isto, a profe Feli abriu a maleta de Chispa, que chegou coa súa carta, as novidades e unha sorpresa fantasmagórica para celebrar este día tan importante para todos os bos lectores e lectoras escolares. Aquí vos deixamos as fotos... Chis-chis, Plof-plof!

Os pequenos tamén viron o audiovisual de "A pantasma solitaria", e as profes Rosa e Ángeles abriron a maleta que Chispa lles enviou! Que sorte, viña chea de libros, traía unha carta e moitas pantasmas para xogar! Pero ademais, os pequenos forono moi valentes porque quixeron facerse unha foto coa pantasma da nosa biblioteca. Uuuuuu! Que medo!!! Uuuuuuu!!! Nada, nada, eles alí "tan panchos" sen asustarse nin un pelo. Queredes ver as súas fotos?

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Quero manifestarlle a Rosana, que a pesares de non ter practicamente voz, foi capaz de engaiolar aos rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclos coa narración do marabilloso conto "A pantasma de Canterville".
Apertas de Feli.

Encarna dixo...

Parabéns por tantas e tan boas actividades de medooooo...
Un agarimoso saúdo.

profe Rosa dixo...

A verdade e que máis de un sorprendeume coa súa valentía... Non tiveron medo nin á hora de levantarlle a saba á pantasma, para encontrar... un feixe de ósos!!! Pero que valentes que son estes nenos!!! Grazas Chispa por este Día das Bibliotecas Escolares, polos agasallos, as historias que foron contadas, os libros novos e esas cartas que sempre nos mandas!!! ;P

Loly dixo...

Canto daría eu por ter escoitado esa "Pantasma" na media voz de Rosana. Debeu de ser terroríiiiiiifica.
Parabéns!!!!

Anónimo dixo...

Que bonito todo o que pon Rosana, a miña titora. O que mais me gustou foi o libro de cantervile.
Bicos de Carolina Maceiras Santiago.