Onte foi un día especial de celebración. O que repetimos cada día do curso nos nosos coles, e nas nosas casas; o que todos e todas sabemos pero que, ás veces, esquecemos poñer na práctica... O día dos bos desexos, conscientes de que non son palabras baleiras, e de que tentaremos facer un esforzo por lograr que cada un dos desexos escritos nos avións, se fagan realidade.
Como xa vén sendo tradición, preparamos un libro colectivo entre todo o colexio que onte limos na Biblioteca; aínda nos falta facerlle a portada porque ese libro non se acaba ata que non celebramos o "DÍA".
Pero fixemos moitas cousas máis. Dúas nenas de 5º, Laura e Lucía leron para todos unha presentación en inglés; e logo seguiron Xana, Lucía, Marta, Jose, Michelle, Elisa e Alina de 3º; e Miriam, Andrea, Paula, David e Fabio de 4º, que recitaron un fermoso poema preparado na clase de relixión.
Para rematar esta primeira parte, a profe Rosa preparou unha fermosa presentación sobre o conto "O día que Pigasso coñeceu a Muutisse", que como xa podedes imaxinar trata de dous grandes xenios da pintura e tamén das súas diferenzas.
Os avións cos seus "Poemas de Paz" puxeron fin a esta festa.
¿Queredes ver as fotos?
5 comentarios:
Pero que ben voaron eses avións. Seique a profe practicou antes... non si?
Que os vosos desexos voen ben alto e acaden o seu obxectivo.
Apertas pacíficas
Pero Chispa!!! Se estabas alí, cómo é que non saes nas fotos??? Xa lle estás dando ao "fotoxop" para facer valer a túa maxia!!!
Haaaa, haaaa! É verdade! Non saio! Pero como pode ser iso...? Haberá que poñerlle un remedio. Agora mesmo me poño co "fotoxop" este, e listo! Xa verás, xa.
Bicossssssss.
Grazas polos teus desexos, Loly. Tes razón, a profe fixo un curso de aeronáutica interesantísimo, e o mellor de todo foi a exhibición de voo final: como voaban aqueles avións! É que o monitor era moi bo, pero as alumnas tamén, claro. Haaa, haa!
O venres acordeime de todas vós e de Antón. E estou segura de que os desexos chegarán, chegarán mooooi alto.
Biquiños
ola profe que tal estas ?¿espero que muybien .Muy bonitas las fotos .perdon por las faltas de ortografía boy sin tiempo
Publicar un comentario