mércores, 26 de outubro de 2011

O OUTONO - Degustamos


Como cada ano o outono é o protagonista das exposicións de libros, dos froitos e das festas a celebrar. A Biblio énchese de contos fantásticos, de medo; contacontos nos recreos; a Hora de Ler adícase a toda esta temática, etc. Pois hoxe, despois dun tempo xuntando froitos e froitas do outono entre todos e todas, decidimos que xa era hora de pasar á acción, e "meu dito, meu feito". Esta mañá, na hora do recreo, fixemos unha gran degustación de produtos típicos desta época: froitos, froitas e varios doces que algunhas "mamás cociñeiras" nos levaron. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración.

Estas son as fotos. Primeiro veredes a preparación das mesas que fixo o alumnado do 3º ciclo -grazas tamén, claro- ; as fichas coas imaxes e os datos de cada froito ou froita, así como os seus nomes nos distintos idiomas, nunha esquiniña da gran mesa; e despois, como foron chegando o resto dos pequenos para picar un pouquiño de cada cousa: abelás, noces, castañas cocidas, mandarinas, granadas, uvas, mazás, doce de marmelo, doce de mazá, xalea de marmelo, doce de cabaza, doce de noces, ... Non sei se queda algo, pero, o que é nos pratos, non quedou moito, e senón, fixádesvos nas fotos.
Unha experiencia do máis saborosa.
Como para repetir!

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Que boa pinta ten todo! Mágoa non poder entrar por un buratiño a probar un pouquiño de cada cousa. Bicos.

Anónimo dixo...

Estaba todo riquísimo,sobre todo o bizcoito de chocalate e noces.

David 6º