mércores, 23 de novembro de 2011

RAPUNZEL chega a CINENSINO: "Enredados"

Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados". Hoxe o 2º e o 3º ciclos fomos aos Cines Dúplex e disfrutamos desta vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.
Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, ¿anímaste a atopalas?



E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa:

2 comentarios:

Ana Martínez dixo...

Gustouvos a peli? Imaxino que si. Atopei as dúas faltas de ortografía pero custoume un pouquiño porque ía moi rápido. Un biquiño.

Anónimo dixo...

Gústoume moito a pelicula de Enredados era una pelicula na que che rias moito era comica.Se a vedes vos vai gustar.


Paula Cobo Menéndez 6º