xoves, 29 de novembro de 2012

XELA VOLVEUSE VAMPIRA

Como xa anunciabamos hai uns días, o día 27 xuntámonos na biblioteca a primeira hora da mañá o 2º ciclo e o terceiro. Unha vez máis "Xela volveuse vampira" serviunos para recordar o Día contra a violencia de Xénero.
Despois, na hora do recreo, invitamos a todos os que quixesen acudir á Biblio, a ver o audiovisual "O libro dos porcos". (Grazas á Biblioteca Víctor Sáenz).
E,  por último, nos últimos minutiños antes de que rematase o recreo, estivemos vendo o noso blog da Biblio, que sempre está ben comentalo en grupo, ver fotos... Esas cousas que nos gustan!


1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Quen estivera nesa biblioteca que tan boas lembranzas me trae!!!!! Xa vexo que seguides facendo cousas fantásticas. Unha aperta.