luns, 10 de decembro de 2012

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O CEIP de PAZOS cos DEREITOS HUMANOS
Hoxe pola mañá reunímonos na Biblioteca para celebrar o Día dos Dereitos Humanos e ler os traballos que ao longo destas últimas semanas preparamos. Con todos faremos o Libro Colectivo dos Dereitos da Infancia-Humanos.
Podemos ensinarvos algo do que lemos e cantamos porque houbo un pouco de todo. Imos por partes: Lectura de contos  do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º e canción "Eu teño dereito a xogar", tradución de "Yo tengo derecho a jugar" (Cantajuego), de UNICEF. Tamén repartimos uns mini-mini-libretos de recordo, coa letra escrita e unhas bonitas pegatinas para completar a súa portada.
Mini-mini-libretos coa letra da canción "Eu teño dereito a xogar"
Pegatinas para as portadas
¡Así cantamos, así lemos, así escoitamos, e así volvemos cantar!
Cando encadernemos o libro, rotará polas aulas para poder ver todos os traballos, antes de quedar definitivamente ¡esperando por vós na Biblio! 


1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Unha gran celebración sen dúbida. Fixéchedes un traballo fantástico. Unha aperta.