domingo, 9 de febreiro de 2014

¿QUEN GAÑOU DESTA VEZ?... ¿ME PERDONAS?


¿Quen gañou desta vez?... Pois temos novos gañadores. Desta vez Sonia, Lucas, Edu, Sofía e Irene responderon axeitadamente, así que FELICIDADES!! Xa estamos na metade do curso e algúns... empezan a desmarcarse. Nesta imaxe podedes ver como van ata o momento:

Por certo, recordámosvos que os libros que imos catalogando e etiquetando pasan a unha exposición antes de ir directamente aos andeis correspondentes. Non hai como airear un libro para que atope unhas mans e uns ollos que o queiran atrapar por uns días. Se vós sodes deses especímenes, podedes pasarvos polas novidades da exposición e ser os primeiros en levar o libro en empréstito. Iso, se alguén non o interceptou polo camiño, claro. Que xa vos aviso que está a ocurrir. No curto espazo que separa a Biblioteca da Exposición de novidades hai unha rede de espionaxe que se encarga de que algúns libros non cheguen a ese porto e se queden por un tempo con algún lector ou lectora cobizoso de letras... ñam, ñam, ñam. Cousa que, teño que confesar, me encanta.


1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Vese que poñen moito empeño en contestar ben as preguntas ji ji Un bico.