domingo, 22 de maio de 2016

Contacontos: CHOCOLATA

Despois da ponte das Letras Galegas, xusto a piques da nosa gran celebración, Irene contou no recreo do xoves CHOCOLATA. É un conto de Marisa Núñez, editado por OQO, ao que Irene ten gran cariño. Preparou a conciencia os detalles que aparecen no conto e materializounos no escenario que preparou. Todo moi medido e pensado. A ilustración que repartiu ao final tamén foi cousa dela, así que xa non se lle puido pedir máis. Aquí tedes as imaxes para facervos unha idea do que aconteceu.
Grazas unha vez máis, Irene, por compartir esa paixón.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Xa fai un tempo quefoi este contacontos pero aún así quedó dicirque encantoume o contactos de Chocolata.

Anónimo dixo...

a min tamén