mércores, 23 de outubro de 2019

Digicraft no teu cole: primeiras sesións.


E como moitas e moitos de vós saberedes, fomos seleccionados entre máis dun centenar de centros en toda Galicia para desenvolver o Programa Digicraft no teu cole, que busca  axudar aos nenos e as nenas a adaptarse a unha sociedade dixital e amosarlles as posibilidades que ofrece a tecnoloxía, non só como consumidores, senón tamén como creadores.


Consta de 2 itinerarios para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O primeiro deles está baseado en actividades de realidade aumentada e videoxogos, e o segundo itinerario xirará entorno á robótica e a intelixencia artificial.
O programa ten unha duración de dous cursos escolares, e para o vindeiro incorporará ademais ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. 

Ten unha dotación de 12 tabletas e 2 kits tecnlóxicos, que grazas á Fundación Vodafone e AMTEGA poderemos disfrutar durante os dous cursos que durará o programa.

E queredes saber como está resultando? Pois a verdade é que é unha experiencia xenial! O alumnado traballa moi concentrado e ademais de xeito lúdico, creandose un clima moi divertido na biblioteca. Preme na foto de abaixo se queres ver máis.


Nesta primeira sesión traballamos coa aplicación Wafty, que permite debuxar no espazo. Istos son os nosos primeiros pasos na realidade aumentada. Empezamos!



1 comentario:

Rosana Rodiles dixo...

Primeira experiencia superada con éxito!! Unha actividade moi motivadora. Pasámolo xenial!