Comezamos! Aquí van os primeiros retos matemáticos!

Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Matespazos,
Olimpíada matemática,
Retos matemáticos,
VII Edición
A idea de crear esta aula xurdiu durante o curso pasado, ante a necesidade de atopar un recuncho especial onde poder traballar co noso alumnado a xestión emocionale a resolución de conflictos entre iguais desde un enfoque positivo.
Pero o protocolo COVID impediunos o uso compartido deste espazo, polo que a materialización deste novo espazo quedou truncada e durante todo este curso quedou infrautilizada.
Cos arelos postos no vindeiro curso, avanzamos timidamente na súa construcción e neste final de curso acondicionaremos o espazo cuns materiais de absorción de ruído e a colocación duns vinilos motivadores que nos convidan á reflexión.
Por aquí vos deixamos un avance.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Aula da Calma,
Convivencia,
Emocións,
Xestión emocional
Seguro que moitos de vós nunca escoitastes falar de LUPO. Ou si?
As nosas mestras levan un curso enteiro con isto a voltas, formándose e aprendendo sobre nenoarquitectura e a potencialidade que ten para aprender xogando outras cousas como matemáticas, debuxo, física, arte, historia, música ou deseño.
Se premedes nesta imaxe poderedes acceder á páxina do Sistema LUPO, e afondar na súa filosofía, coñecer os materiais e acceder ás propostas de actividade.
Este último mes de xuño teremos a sorte de contar con dous xogos de pezas de "SuperLUPO escuma", que son uns materiais de gran formato que permite a construcción de estructuras complexas de gran tamaño orientadas á o traballo cooperativo.
Acaban de chegar o cole e os maiores tiveron a sorte de ser os primeiros en empregalas. Querédelos ver en acción? Pois abride ven os ollos porque a eles deixáronlles alucinados.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
LUPO,
Nenoarquitecturas
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Blanca Vila,
Emocion-arte,
Patios Divertidos,
Patios Inclusivos,
Xices de cores
E hoxe subiron os Tritóns a ver cómo se estaban a imprimir na biblio as súas creacións. Lembrades cómo as fixeron? Podedes velo aquí.
E ademáis veulles xenial porque están co tema das máquinas simples e as compostas, e esta impresora é unha máquina composta e requetecomposta! Tocou cambiar o filamento e non perderon detalle de todo o proceso.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Bibliotecas Creativas,
Impresión 3D,
Tritóns
Pois si, non só deixou un mapa... Senón dous!!! un do cole e outro do seu tobo. Así que xa temos plan para estes días, porque interpretalos vainos levar o seu tempo.
Pero é que ademáis dos mapas... a toupa deixounos tamén un agasallo un tanto inesperado á hora do recreo. Glups! Creo que a "cámara do cole" colleuna en acción. Deixámosvos este vídeo para que vexades a que nos montou no corredor das aulas...
Que sairá de todo isto? Prometemos tervos informados!
Pero isto é comezo de algo moooooi grande.
E como sempre, se queredes ver máis fotos, premede en calquera das de esta entrada.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
LUPO,
Mapas. Xeografía.,
Nenoarquitecturas,
Toupa
MATESPAZOS
A nosa particular olimpíada matemática que como cada ano ten lugar no mes de xuño. Este curso chegamos á VII edición e durante as próximas dúas semanas haberá un desafío matemático para resolver diariamente.
Un total de 10 retos matemáticos para cada grupo.
Por aquí vos deixamos as normas de participación.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Matemáticas,
Matespazos,
Olimpíada matemática,
Retos matemáticos,
VII Edición
Hoxe venres foi un día de festa para nós de principio a fin, xa que celebramos o Día das Letras Galegas por todo o alto. A semana pasada traballamos arreo sobre a vida e a obra de Xela Arias, ilustrando a súa biografía entre todos e todas e elaborando un mural para incluílo na colección de "Mulleres nas Letras".
E claro, quixemos pechar todo este traballo cun contacontos especial, polo que hoxe contamos coa presenza de Pedro Brandariz e o seu espectáculo "Senlleiras: As mulleres nas Letras" que nos viña ao pelo. Nel, un tal Castelao, detective "privao", encargounos unha dobre misión coa axuda destas mulleres senlleiras:
Rosalía de Castro,
Francisca Herrera,
María Mariño,
María Victoria Moreno e
Xela Arias.
Por unha banda, encargounos "salvar ao galego" de tanto criminal que hai polo mundo solto que que di "Sanjenjo", ou o que é máis grave aínda, que non lle fala en galego ás crianzas. Para iso con falalo abonda, polo que esta tarefa parece que será doada.
E por outra, "loitar por un mundo máis igualitario" no que nenas e nenos, mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos, de xeito que cada quen poida chegar a ser quen queira ser.
Que vivan as Letras Galegas!
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Global Muiñeira,
Letras Galegas,
Mulleres nas Letras,
Pedro Brandariz,
Repichoca,
Senlleiras,
Trouleada
Apareceu outra carta da toupa, desta volta na nosa hortiña. Que emoción! Que contará a nosa toupiña?
A verdade é que levamos moitos días a voltas sobre cómo lle estará indo á nosa amiga con tanta choiva e perdida da súa familia. Choveu tanto que a nosa horta está esplendorosa, pero tanta auga non sei se lle caerá tan ben á nosa Zoupona como ás leitugas.
Entre tanto, nós aprendimos un montón de cousas sobre as toupas grazas aos libros que nos trouxo Chispa e ao que puidemos investigar pola nosa conta.
Pois xa temos plans para estes días... a ver se atopamos algún agasallo xigante deses dos que fala a toupa na carta, ou mellor, a ver se non o atopamos, porque taméeeeeen... xa lle valeu á Zoupona, andar enchendo a nosa horta de cacas!
Agardar polo mapa... e a ver se Chispa nos pode axudar coa súa maxia para facer o encontro posible... Cántas cousas pasan na nosa horta!
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
abp,
Cartas a Chispa,
Correspondencia,
Horta,
Maxia,
Toupa