mércores, 8 de marzo de 2023

Voluntariado de lectura: Rosana conta "Carabuñas"

Hoxe, 8M: Día da Muller Traballadora, a nosa dire Rosana foi quen quixo contarlles esta mañá aos peques o conto na "Hora de Ler", e escolleu Carabuñas, de Margarita del Mazo, publicado por OQO editora. 

Aínda que parece que a historia está un pouco desconectada da temática feminista do día, nesta historia Blanca, unha nena valente e decidida é quen lle planta cara con moita sorna a este vilán "come-cativos".

Deixámosvos a historia en formato audiovisual por se vos presta recordala convencidas de que a veredes, porque ese momento escatolóxico (PRFFFFFFF...) fai que nos tronchemos coa risa cada vez que o escoitamos. 

E por aquí unha mostra das fotos da sesión de hoxe.





Grazas pola contada!

Ningún comentario: