xoves, 10 de outubro de 2019

Contacontos no recreo: Icía, María e Polola contan "Andrés o mentireiro"


E por fin comezaron os contacontos no recreo! Mira que o pasamos ben nestes ratiños nos que o alumnado, ou en otras ocasións tamén as profes, preparan un conto para ser contado na biblio.

E velaiquí están estas tres valentes, Icía, Paula e María de 5º e 6º de Primaria, que quixeron romper o xeo neste curso cun contiño de Nova Galicia Edicións no que se pon en valor a importancia de dicir a verdade. Bravo por elas! fixéronnos pasar un recreo diferente a todas e todos.

Xa sabedes: se queres ver máis fotos, premede na imaxe.

1 comentario:

Rosana Rodiles dixo...

Inmellorable comezo! Noraboa ás tres.