E por fin comezaron os contacontos no recreo! Mira que o pasamos ben nestes ratiños nos que o alumnado, ou en otras ocasións tamén as profes, preparan un conto para ser contado na biblio.
E velaiquí están estas tres valentes, Icía, Paula e María de 5º e 6º de Primaria, que quixeron romper o xeo neste curso cun contiño de Nova Galicia Edicións no que se pon en valor a importancia de dicir a verdade. Bravo por elas! fixéronnos pasar un recreo diferente a todas e todos.
Xa sabedes: se queres ver máis fotos, premede na imaxe.
1 comentario:
Inmellorable comezo! Noraboa ás tres.
Publicar un comentario